Blog

Categorías
Enlaces externos

Formación no CAFI

O 17 de outubro comezou o curso Deseño de proxectos baseados na impresión 3D na Aula Nova. A miña compañeira Esther Padín e máis eu, xunto con Antonio Pose Rodríguez, docente do Politécnico de Santiago, fomos os relatores responsables de achegar aos docentes participantes experiencias do noso centro educativo e ferramentas que lles permitan deseñar […] → seguir lendo

Categorías
Proxectos

PonteN´epoca

PonteN ́epoca nace dunha idea que quedou sen levar a cabo durante o curso anterior: converter as prazas de Pontevedra nunha exhibición musical na que os transeúntes poideran participar tocando instrumentos ao tempo que coñecían as características e o repertorio máis importante das diferentes familias instrumentais. O currículo da materia de música de 3º de […] → seguir lendo

Categorías
Enlaces externos

O IX2 na revista EDUGA

Como coordinadora do Programa Piteas no IES A Xunqueira II, recibín a invitación de escribir un artigo na revista EDUGA que reflectira a viaxe que comezamos no curso 15/16 e que transformou en gran medida a vida educativa no noso centro. A cohesión dos proxectos de innovación do centro, o ABP, o traballo colaborativo, a […] → seguir lendo

Categorías
Enlaces externos

A III Expedición Pedagóxica da FPdGi no IX2

A III Expedición Pedagóxica da Fundación Princesa de Girona visitou o noso centro, o IES A Xunqueira II na súa expedición a Galicia. Foi unha xornada intensa na que 30 docentes de todo o territorio español e representantes da FPdGi e da Fundación Trilema, nos acompañaron ao longo da mañá. Os docentes do equipo Piteas […] → seguir lendo

Categorías
Enlaces externos

A Semana da Ciencia do IX2 na TVG

Un ano máis celebramos no noso centro a Semana da Ciencia, este curso, con novidades: unha feira de proxectos multidisciplinares que o alumnado expón nos stands situados no vestíbulo do centro, co fin de mostralos a toda a comunidade educativa. Ademais das actividades organizadas dende hai varios anos dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca, […] → seguir lendo

Categorías
Recursos

Cooperativo

Categorías
Enlaces externos

Espazo Maker do IX2

O IES A Xunqueira II foi un dos dez centros galegos seleccionados para contar contar cun Espazo Maker. Este recoñecemento ao labor que estivemos a desenvolver nos últimos cursos no ámbito STEAM, é un impulso para seguir traballando para que o alumnado poida materializar a súa creatividade a través de proxectos propios de experimentación. Programa […] → seguir lendo

Categorías
Proxectos

Pontevedra PreApocalíptica

O Proxecto 17M17. Misión a Marte provocou unha reflexión acerca do noso comportamento medioambiental que nos levou a converternos en axentes de cambio da nosa contorna. Situándonos nunha Pontevedra PreApocalíptica na que aínda estamos a tempo de revertir os efectos devastadores da acción humana no Planeta Terra, o alumnado profundizou a través de diferentes proxectos […] → seguir lendo

Categorías
Enlaces externos

O IX2 na STEMLab

O IES A Xunqueira II foi un dos 18 centros invitados a participar na primeira feira científica organizada dende a Consellería de Educación, a STEMLab. O proxecto co que participamos foi “17M17. Misión a Marte”. Cal sería a nosa sorpresa cando soubemos que o astronauta Pedro Duque ía inaugurar a feira!! Artigo publicado en “La […] → seguir lendo

Categorías
Enlaces externos

A alianza entre Música e TIC, premiada en Pontenciencia

Foi o primeiro ano en que a Feira educativa Pontenciencia de Pontevedra abría as portas á participación da etapa de secundaria e o alumnado do IES A Xunqueira II non dubidou en presentarse. Ademais da experiencia, levaron 3 dos 4 premios concedidos para a etapa. Emocionados e felices, os nosos estudantes non podían crer o […] → seguir lendo