Acerca de

Foto de Raquel Gey
Raquel Gey

Profesora de Música na etapa de Secundaria dende o 2001.

Coordinadora do Programa Piteas / SEMGal no IES A Xunqueira II de Pontevedra, no que exerzo a vicedirección dende o curso 2017/18.

Formadora e mentora do Programa SEMGal en diversos centros educativos galegos.

Aprendiz incansable do proceso ensino-aprendizaxe, da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, da Aprendizaxe Colaborativa, da Aprendizaxe Servizo, do ámbito STEAM, da Neuroeducación e, por enriba de todo, namorada do SEM (Schoolwide Enrichment Model, de Joseph S. Renzulli e Sally M. Reis).