Como coordinadora do Programa Piteas no IES A Xunqueira II, recibín a invitación de escribir un artigo na revista EDUGA que reflectira a viaxe que comezamos no curso 15/16 e que transformou en gran medida a vida educativa no noso centro.
A cohesión dos proxectos de innovación do centro, o ABP, o traballo colaborativo, a gamificación, o club de ciencia, a oratoria e o espazo maker conviven amparados baixo a estrutura do programa Piteas (agora SEMGal), que busca desenvolver o talento no alumnado, baseándose nos seus intereses tendo ademais en conta os seus estilos de expresión.