O 17 de outubro comezou o curso Deseño de proxectos baseados na impresión 3D na Aula Nova. A miña compañeira Esther Padín e máis eu, xunto con Antonio Pose Rodríguez, docente do Politécnico de Santiago, fomos os relatores responsables de achegar aos docentes participantes experiencias do noso centro educativo e ferramentas que lles permitan deseñar co seu alumnado, proxectos baseados na impresión 3D.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, cun grupo de docentes con moitas ganas de aprender e de aportar as súas propias ideas. Grazas a todos eles e, por suposto, a Marga, que estivo sempre pendente de calquera necesidade que puidera xurdir e de elaborar o artigo para o Blog da Aula Nova que vos deixo a continuación.