A III Expedición Pedagóxica da Fundación Princesa de Girona visitou o noso centro, o IES A Xunqueira II na súa expedición a Galicia. Foi unha xornada intensa na que 30 docentes de todo o territorio español e representantes da FPdGi e da Fundación Trilema, nos acompañaron ao longo da mañá.
Os docentes do equipo Piteas (Agora SEMGal) abrimos as portas das nosas aulas e o alumnado, mentres traballaban nos seus produtos, explicaron o proxecto que estabamos a desenvolver: PonteN´epoca.
Puideron, ademais, disfrutar connosco do periodo de lecer, no que a Aula de Música e a Aula de Proxectos (agora Espazo Maker), permanecen abertas a disposición do alumnado que se xunta a diario para cantar e tocar ou facer uso da impresora 3D.
O alumnado mostrouse entusiasmado de poder compartir esta experiencia con docentes interesados no proceso e nos detalles dos proxectos nos que estaban a traballar e do día a día nas aulas do IES A Xunqueira II.