O Proxecto 17M17. Misión a Marte provocou unha reflexión acerca do noso comportamento medioambiental que nos levou a converternos en axentes de cambio da nosa contorna. Situándonos nunha Pontevedra PreApocalíptica na que aínda estamos a tempo de revertir os efectos devastadores da acción humana no Planeta Terra, o alumnado profundizou a través de diferentes proxectos en catro liñas de acción: consumo responsable, hábitos de vida saudable, diminución da contaminación e divulgación científica.
Ademais da coordinación do Proxecto enmarcado dentro do Programa Piteas, dende a materia de Música o meu alumnado tiña a tarefa de indagar acerca da Contaminación Sonora. Tras unha minuciosa investigación, os rapazes e rapazas de 2º de ESO argallaron accións de cara á diminución da contaminación acústica nas aulas. De ahí xurdiu o proxecto Música Vs Ruído galardoado na Feira Pontenciencia hai uns días, que a través da Realidade Aumentada, poñía en coñecemento da Comunidade Educativa, os nocivos efectos que a Contaminación Sonora provoca nos nosos corpos.
Este Proxecto Multidisciplinar enfrentou o tema da contaminación e a sostenibilidade medioambiental dende os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Música, Valores Éticos, Tecnoloxía, Relixión, Educación Plástica Audiovisual e Visual, Francés, Promoción de Estilos de Vida Saudable, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial.
Enlace a Epicollect5, APP coa que realizamos recollida de datos na cidade de Pontevedra