Categorías
Enlaces externos

O IX2 na STEMLab

O IES A Xunqueira II foi un dos 18 centros invitados a participar na primeira feira científica organizada dende a Consellería de Educación, a STEMLab.

O proxecto co que participamos foi “17M17. Misión a Marte”. Cal sería a nosa sorpresa cando soubemos que o astronauta Pedro Duque ía inaugurar a feira!!

Artigo publicado en “La Voz de Galicia”

Poder explicarlle a Pedro Duque as investigacións acerca da Misión a Marte, foi para os nosos estudantes toda unha experiencia! Na inauguración da feira, Pedro Duque animou aos rapaces e rapazas asistentes a perseguir os seus soños aínda que dende fora os desanimen. Tamén os instou a facer deporte e a estudiar idiomas.

A TVG visita o noso stand

Este tipo de referentes son os que os rapaces e rapazas precisan para crer no valor do esforzo e non afastarse dos seus soños. O noso alumnado volveu estusiasmado e con máis ganas que nunca de involucrarse en proxectos STEAM. Vémonos na próxima!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *