Foi o primeiro ano en que a Feira educativa Pontenciencia de Pontevedra abría as portas á participación da etapa de secundaria e o alumnado do IES A Xunqueira II non dubidou en presentarse. Ademais da experiencia, levaron 3 dos 4 premios concedidos para a etapa. Emocionados e felices, os nosos estudantes non podían crer o resultado acadado.
Combinación máxica para ganar en Pontenciencia
A alianza entre a materia de música impartida polo meu compañeiro Fernando Otero Urtaza e eu mesma, e a materia de TIC , impartida pola tamén compañeira Esther Padín convenceu ao xurado: Realidade Aumentada, QR, Impresión 3D, investigación, vídeo e son, entre outros, foron os ingredientes dos tres proxectos ganadores. Un premio ao traballo en equipo.