Categorías
Proxectos

17M17. Misión a Marte

O Proxecto 17M17. Misión a Marte, desenvolvido durante o curso 16/17, foi a estrea do IES A Xunqueira II en Piteas, un programa promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería e a participación da USC.

Este proxecto multidisciplinar levado a cabo polo alumnado de 1º de ESO conectou o interese dos estudantes por unha temática tan actual como as misións espaciais, cos contidos do currículo. A través de metodoloxías de traballo baseadas na indagación e na aprendizaxe colaborativa, o alumnado enfrentoouse a unha inminente evasión do planeta Terra, para a cal necesitaron prepararse en ámbitos como programación e robótica, deseño e impresión 3D, análise e tratamento de datos, o coñecemento do universo, así como o autocoñecemento das súas potencialidades e o traballo en equipo. A constante toma de decisións e a súa capacidade para chegar a acordos, foi un elemento de vital importancia para que a Misión lograra a supervivencia da humanidade.

Os obxetivos do proxecto foron:

  • Abordar problemas científicos, culturais, éticos e humanitarios.
  • Resolver un reto mediante a cooperación, a solidariedade e a negociación.
  • Articular mecanismos para a adquisición das Competencias Clave.
  • Promover o compromiso do alumnado coa súa propia aprendizaxe.

Pensado inicialmente para 1º de ESO, o espírito da misión foi contaxiando, a medida que avanzaba, a gran parte do centro polo que profesorado e alumnado de outros cursos colaboraron coas tarefas, enriquecendo o proxecto e, con el, os productos finais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *